Aviso legal

TITULAR DO PORTAL :
Colexio Oficial de Químicos de Galicia e Asociación de Químicos de Galicia
Dirección : Rúa Lisboa, Nº 10 - Edificio Área Central- Primeira planta -Local 31-E
15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Tel. 623 033 325
Contacto : secretaria@colquiga.org

Todos os dereitos reservados ​

 
CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN DO PORTAL

O usuario comprométese a utilizar o portal e os servizos de conformidade coa lei, o presente aviso legal, así como a moral, bos costumes xeralmente aceptadas e a orde pública. Este sitio web élle ofrecido a condición de que vostede acepte integramente os termos, condicións e comunicacións contidos no presente aviso legal. O feito de que vostede use este sitio web constitúe por si só a aceptación dos mesmos. Este sitio web é para o exclusivo uso persoal do usuario. Vostede non está autorizado a modificar, copiar, distribuír, transmitir, divulgar, utilizar, reproducir, publicar, licenciar, ceder, vender nin crear traballos derivados a partir da información, os produtos ou os servizos que poida obter deste sitio web. ​

CONEXIÓNS CON SITIOS DE TERCEIROS
Este portal pon ao dispor dos Usuarios dispositivos técnicos de ligazón que lles permite acceder a sitios web pertencentes e/ou xestionados por terceiros. A instalación dos mesmos ten por único obxecto facilitar aos usuarios o acceso a información, contidos e servizos dispoñibles na internet. O Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia non asumen responsabilidade algunha pola información contida nas páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns ou buscadores desde as nosas páxinas. Con todo, comprométese a retirar ligazóns en caso de ter coñecemento da existencia de contidos ilícitos ou que lesionen dereitos de terceiros. Os propios usuarios poden poñer en coñecemento do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e da Asociación de Químicos de Galicia a existencia dos devanditos contidos no caso de atopalos. ​

CONTIDO
A información, o software e/ou os produtos ou servizos contidos neste sitio web poden conter erros tipográficos, imprecisións e inexactitudes dos que o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia responsabilízanse, excepto no caso de que os mesmos proveñan de páxinas de terceiros ás que o Usuario accede a través das ligazóns colocadas no noso portal. ​

USO ILEGAL OU PROHIBIDO
O uso deste sitio web con fins ilegais ou non autorizados polos presentes termos, condicións e/ou comunicacións está terminantemente prohibido.

MODIFICACIÓN DOS PRESENTES TERMOS E CONDICIÓNS
O Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia resérvanse o dereito para modificar os termos, condicións e comunicacións en base aos cales se ofrece este sitio web.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL
O usuario recoñece e acepta que todos os dereitos sobre o contido deste sitio web pertencen ao Colexio Oficial de Químicos de Galicia e á Asociación de Químicos de Galicia e que en consecuencia a modificación, adaptación, comunicación pública, reprodución, distribución, venda, alugueiro e calquera outro dereito de propiedade intelectual realizado polo usuario sen consentimento do Colexio Oficial de Químicos de Galicia e da Asociación de Químicos de Galicia queda prohibido. Así mesmo, o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia son titulares dos dereitos de propiedade industrial derivados dos elementos que integran a súa páxina web ou, en calquera caso dispón da correspondente autorización para a súa utilización. As presentes condicións son tamén aplicables no caso de elementos da páxina que sexan de titularidade de empresas ou de entidades colaboradoras, salvo consentimento dos mesmos. En ningún caso o Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia serán responsable das posibles infraccións que nesta materia puidese producir calquera usuario do portal. ​

LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLES
Con carácter xeral, as relacións que se deriven da prestación dos servizos contidos no portal, están sometidas á lexislación e a xurisdición española. Para a resolución de problemas ou preguntas relacionadas con este sitio web, por favor póñase en contacto co Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia por medio da nosa Caixa de correos: secretaria@colquiga.org, unha chamada telefónica ou remitíndonos un escrito á seguinte dirección:

Dirección : Rúa Lisboa, 10 - 1ª planta Local 31-E Área Central,
15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono +34 623 033 325