ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE QUÍMICA
No ano 1985 o Colexio Oficial de Químicos Galicia, a Asociación de Quimicos de Galicia e a sección Norte da Sociedade Portuguesa de Química chegaron ao acordo de celebrar un congreso que puxera en contacto aos investigadores de Galicia e de Portugal co obxecto de intercambiar experiencias, coñecementos e puideran establecer lazos de cooperación en torno á química en todas as súas especialidades. Así naceron os ENCONTRO GALEGO PORTUGUÉS DE QUÍMICA.
A pesar da súa maioría de idade, estes ENCONTROS, agora internacionais, non só seguen congregando a novos profesionais da química (investigadores, industria, didáctica, ....) de Galicia e Portugal, senón que é o punto de encontro de químicos noveles dos cinco continentes que ano a ano u elixen como lugar de encontro para intercambiar experiencias e coñecementos arredor da química.