CONGRESOS DIDÁCTICOS DE QUÍMICA

A ensinanza da química é unha actividade fundamental para o fomento das vocacións químicas. Esta foi a razón pola que a Asociación de Químicos de Galicia, co apoio do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, organizou nos anos 1990-2000 as Xornadas de Didáctica da Química.

Estas xornadas tiñan o obxectivo de:

  • Ofrecer ao profesorado de química un foro onde intercambiar ideas e experiencias con compañeiros e compañeiras doutros centros educativos.

  • Poder establecer as pautas para xerar e estimular, entre os estudantes o interese pola química.

  • Fomentar a vocación química entre o alumnado de bacharelato e afianzar a vocación entre o alumnado nas universidades.

  • Contribuír á proxección da imaxe da química na nosa sociedade.

Recollendo estes obxectivos e buscando a adaptación da formación química as novas tecnoloxías, no ano 2.019, a Asociación de Químicos de Galicia, outra vez co apoio do Colexio Oficial de Químicos de Galicia transformou as xornadas en congresos e levou a cabo o I CONGRESO DE DIDÁCTICA DA QUÍMICA xerando así un formato mais participativo e actualizando as novas tecnoloxías de impartición da formación de química en tódolos ámbitos formativos.

Os congresos de Didáctica da Química son o foro axeitado para encontrarse todo o profesorado que imparte química, en calquera das súas especialidades e niveis educativos, para intercambiar experiencias, para establecer formas de comunicar e de educar e fomentar o amor pola Química.

HORARIO E SITUACIÓN
Ubicación

Edificio Área Central- 1ª planta Local 31E

15707. Santiago de Compostela

A Coruña

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tel. 981 93 93 38

Horario

Luns- Venres

10:00-14:00hrs.

 

Os colexiados que desexen solicitar unha cita deben xestionala por correo ou por teléfono

Aviso Legal      > >>       Política de Privacidade       >>>    Accesibilidade

Colexio Oficial de Químicos de Galicia

Edificio Área Central-Local 31E

15707. Santiago de Compostela.

(A Coruña)

secretariatecnica@colquiga.org

secretaria@colquiga.org

Tel. 981 93 93 38