ASOCIACIÓN DE QUÍMICOS DE GALICIA
Coa denominación de Asociación de Químicos de Galicia constitúese unha corporación de dereito privado, de ámbito autonómico e sen ánimo de lucro. Acorde coa lexislación vixente, esta Asociación terá personalidade xurídica propia e gozará de plena capacidade operativa.
Os fins desta Asociación son:
1. Contribuír ao coñecemento e divulgación da Ciencia Química en todos os seus aspectos, despois de que supón unha ciencia fundamental para o desenvolvimiento e benestar da Sociedade galega.
2. Fomentar a relación e cooperación entre os seus membros así como o avance e difusión da Química, coordinando os seus esforzos nos campos do ensino, da investigación e das súas aplicacións na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Colaborar coas Institucións de docencia e investigación galegas, nacionais e estranjeras; ofrecendo e dirixindo cursos, seminarios e conferencias; promovendo reunións e concertando convenios con aquelas.
MENCIÓNS HONORÍFICAS
Presidente de Honra
D. Ignacio Ribas Marqués (08.01.1950)
HISTORIA
15 de Agosto de 1945
Fundación da Asociación Nacional de Químicos de España ( ANQUE)
21 de xaneiro de 1946
Creación da Delegación en Galicia de ANQUE
28 de febreiro de 1966
Recoñécese a lexitimidade e finalidade de ANQUE
Febreiro de 1979
Aparece o número cero de “GALICIA QUÍMICA”, órgano de información do Colexio Oficial e a ANQUE de Galicia
Cambio de denominación da Delegación ANQUE-Galicia pola de Agrupación Territorial de Químicos de Galicia- ANQUE
Abril de 2005
Cambio de denominación da Agrupación Territorial de Galicia de ANQUE pola de Asociación de Químicos de Galicia