top of page

OBITUARIO
 
Esta semana recibimos a lamentable noticia do falecemento de Dona Visitación Romero.

“Hoxe recibín unha moi mala noticia e foi a do falecemento da nosa secretaria do Colexio de toda a vida, é dicir Dna. Visitación Romero, nomeada Membro distinguida no ano 2000. ​
Foi unha muller de moito carácter cunha cabeza marabillosamente amoblada, que despois dunha aciaga vida laboral foi contratada, cando houbo o diñeiro suficiente e por tanto en precario polo Colexio hai xa moitos anos, dixéronmo pero xa non me acordo e que ela en contrapartida adoptounos, como avoa, nai ou irmá, segundo a idade de cada un de nós e a todos coñecíanos. ​
Sabíallo todo do Colexio e a organización funcionaba grazas a ela, encargábase mesmo de perseguir a Decanos, Secretarios e Tesoureiros para que cumprisen as súas funcións, se existimos hoxe en día e en parte debémosllo a ela.
Cando a herdei, eu nunca tivera unha secretaria única, sempre foi compartida e o noso primeiro contacto foi un pouco crítico, xa que eu por entón ía de executivo en plan americano e ela mirábame con bastante desconfianza, o natural…, ​
Cando empezou a descubrir que xa me estaba decatando de todo, que seguía todos os temas e que chegue a coñecer a organización, non tan ben como ela, pero se bastante mellor que o secretario de quenda, a súa actitude cambio totalmente e converteuse no meu mellor asesora, xa que, se unha cousa non lle gustaba ou lle parecía inadecuada, dicíacho moi claro, pelos na legua nunca os tivo. ​
Evidentemente o seu contrato laboral foi posto ao día segundo a lexislación vixente nesas datas ​

Moitas grazas por todo Visitación. ​

Espero que algún día volvamos atopar en algures.


Pelayo Rubido Muñiz
Ex decano do Colexio de Químicos de Galicia e
Ex-presidente do TA galego de ANQUE ”

Decano homenaje COVID.JPG
Nueva Junta Directiva COLQUIGA

Os químicos galegos reivindican na homenaxe ás vítimas da Covid-19 a capacidade da industria local para producir material de protección para facer fronte á pandemia 

31 colexios sanitarios de Galicia piden no Pazo de Fonseca da USC unha Axencia de Saúde Pública interconectada con Atención Primaria e piden reforzar prevención e vixilancia para combater o coronavirus 

Os profesionais solicitaron un acordo de todos os axentes políticos, sindicais e profesionais para reforzar a Sanidade Pública

( Seguir lendo )

Santiago. 01/08/2021.

Os profesionais galegos da química reelixiron a Manuel Rodríguez Méndez como decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia ( COLQUIGA) e da Asociación de Químicos de Galicia. O proceso electoral para renovar a xunta directiva comezou a finais de 2020 e finalizou onte en Santiago de Compostela, onde está situada a sede do Colexio, coa toma de posesión da nova Xunta Directiva, que estará liderada por Manuel Rodríguez Méndez durante outros catro anos.

(Seguir lendo)

bottom of page