OBITUARIO

Esta semana recibimos a lamentable noticia do falecemento de Dona Visitación Romero.

“Hoxe recibín unha moi mala noticia e foi a do falecemento da nosa secretaria do Colexio de toda a vida, é dicir Dna.  Visitación Romero, nomeada Membro distinguida no ano 2000.


Foi unha muller de moito carácter cunha cabeza marabillosamente amoblada, que despois dunha aciaga vida laboral foi contratada, cando houbo o diñeiro suficiente e por tanto en precario polo Colexio hai xa moitos anos, dixéronmo pero xa non me acordo e que ela en contrapartida adoptounos, como avoa, nai ou irmá, segundo a idade de cada un de nós e a todos coñecíanos.


Sabíallo todo do Colexio e a organización funcionaba grazas a ela, encargábase mesmo de perseguir a Decanos, Secretarios e Tesoureiros para que cumprisen as súas funcións, se existimos hoxe en día e en parte debémosllo a ela.


Cando a herdei, eu nunca tivera unha secretaria única, sempre foi compartida e o noso primeiro contacto foi un pouco crítico, xa que eu por entón ía de executivo en plan americano e ela mirábame con bastante desconfianza, o natural…,


Cando empezou a descubrir que xa me estaba decatando de todo, que seguía todos os temas e que chegue a coñecer a organización, non tan ben como ela, pero se bastante mellor que o secretario de quenda, a súa actitude cambio totalmente e converteuse no meu mellor asesora, xa que, se unha cousa non lle gustaba ou lle parecía inadecuada, dicíacho moi claro, pelos na legua nunca os tivo
Evidentemente o seu contrato laboral foi posto ao día segundo a lexislación vixente nesas datas.


Moitas grazas por todo  Visitación.


Espero que algún día volvamos atopar en algures.


Pelayo  Rubido Muñiz
Ex Decano do Colexio de Químicos de Galicia e
Ex Presidente da  AT de Galicia da  ANQUE”

 

Decano homenaje COVID.JPG

Os químicos galegos reivindican na homenaxe ás vítimas do Covid-19 a capacidade da industria local para producir material protector para afrontar a pandemia

31 colexios sanitarios galegos solicitan no Pazo de Fonseca da USC unha axencia de saúde pública interconectada coa atención primaria e piden reforzar a prevención e vixilancia para combater o coronavirus

Os profesionais solicitaron un acordo de todos os axentes políticos, sindicais e profesionais para reforzar a saúde pública

(Continuar lendo)

Nueva Junta Directiva COLQUIGA

Santiago. 01/08/2021.

Os profesionais galegos da química reelixiron a Manuel Rodríguez Méndez como decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia (COLQUIGA) e do Colexio de Químicos de Galicia. O proceso electoral para renovar a xunta directiva comezou a finais de 2020 e rematou onte en Santiago de Compostela, onde se atopa a sede do Colexio, coa inauguración da nova xunta directiva, que estará dirixida por Manuel Rodríguez Méndez por outros catro anos. (Seguir lendo)

Samples_edited.jpg
Sentidiñoa.JPG

Horario

Lunes a Viernes

10:00 a 14:00 Horas

Atención con cita previa.