ASOCIACIÓN DE QUÍMICOS DE GALICIA

Coa denominación de Asociación de Químicos de Galicia constitúese unha corporación de dereito privado, de ámbito autonómico e sen ánimo de lucro. Acorde coa lexislación vixente, esta Asociación terá personalidade xurídica propia e gozará de plena capacidade operativa.
Os fins desta Asociación son:
1. Contribuír ao coñecemento e divulgación da Ciencia Química en todos os seus aspectos, despois de que supón unha ciencia fundamental para o  desenvolvimiento e benestar da Sociedade galega.
2. Fomentar a relación e cooperación entre os seus membros así como o avance e difusión da Química, coordinando os seus esforzos nos campos do ensino, da investigación e das súas aplicacións  na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Colaborar coas Institucións de docencia e investigación galegas, nacionais e  estranjeras; ofrecendo e dirixindo cursos, seminarios e conferencias; promovendo reunións e concertando convenios con aquelas.


MENCIÓNS HONORÍFICAS

  Presidente de Honra

  D. Ignacio Ribas Marqués (08.01.1950)



HISTORIA


15 de Agosto de 1945

  Fundación da Asociación Nacional de Químicos de España ( ANQUE)

21 de xaneiro de 1946

  Creación da Delegación en Galicia de  ANQUE

28 de febreiro de 1966

  Recoñécese a lexitimidade e finalidade de  ANQUE

Febreiro de 1979

  Aparece o número cero de “GALICIA QUÍMICA”, órgano de información do Colexio Oficial e a  ANQUE de Galicia

  Cambio de denominación da Delegación  ANQUE-Galicia pola de Agrupación Territorial de Químicos de Galicia- ANQUE


Abril de 2005
  Cambio de denominación da Agrupación Territorial de Galicia de  ANQUE pola de Asociación de Químicos de Galicia

2018

A Asociación de Químicos de Galicia xunto coas asociacións de Asociación de Químicos de Andalucía, a Asociación de Químicos de Aragón e Navarra, a Asociación de Químicos do Principado de Asturias, a Asociación de Químicos de Castela e León, e a Asociación de Químicos da Comunidade Valenciana fundan a GAQ (Grupo Asociacións de Química). No ano 2021 uniuse a Associació de Químics de Catalunya.

https://www.colegiodequimicos.org/la-asociacion/grupo-de-asociaciones/ 

GAQ.png
Samples_edited.jpg
Sentidiñoa.JPG

Horario

De luns a venres

10:00 a 14:00 h.

Atención con cita previa.