top of page
O Colexio Oficial de Químicos de Galicia, xunto coa Asociación de Químicos de Galicia e O Grupo Asociacións de Química, organizaron o pasado 7 de maio de 2022 o XIII Encontro Nacional de Docentes de Química, coincidindo coa XXXV Olimpíada Nacional de Química.
O encontro realizouse na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela que celebraba tamén o seu Centenario.
Para a organización deste encontro contouse coa colaboración a Facultade de Química da USC e a Real Sociedade Española de Química e co patrocinio de Ence, Respsol, Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22.
bottom of page