

PREMIO PROFESOR MANUEL BAO IGLESIAS
Co fin de apoiar a excelencia na investigación e establecer lazos entre estudantes de grao en Química e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, establécense as bases para o Premio Prof. MANUEL BAO IGLESIAS á excelencia en investigación novedosa entre os universitarios que optan pola Licenciado en Química.
Tamén é obxecto deste premio homenaxear a memoria do profesor doutor Manuel Bao Iglesias, distinguido químico e colexiado do Colexio Oficial de Químicos de
Galicia.
Dotación de premios
Establécese un premio para aqueles estudantes de primeiro ciclo en Química, Enxeñaría Química cunha dotación de 500 € polo seu traballo de licenciatura. Ademais desta cantidade, o premio vén acompañado de:
-
Unha inscrición no Encontro Portugués de Química de Galicia celebrada o ano de entrega do premio.
-
Pagamento dos gastos de estadía no Congreso (Hotel, mantemento e traslado.)
Podes consultar aquí tódala información para optar ao premio.
O Premio Profesor Manuel Bao Iglesias , foi concedido a:
D. Diego Vieites Millán
Especializado en Química Analítica na Universidade da Coruña polo seu traballo fin de grao sobre "A diferenciación quimiométrica de tequilas brancos a partir de espectros infravermellos.
PREMIO Á EXCELENCIA QUÍMICA EMPRESARIAL DE GALICIA
PALMARÉS
ANO
2015
2016
2017
2019
2022
EMPRESA GAÑADORA
FARMA MAR
GAIRESA
REPSOL - Planta da Coruña
CEAMSA
PAPELERA BRANDIA, S. A.
Horario
De luns a venres
10:00 a 14:00 h.
Atención con cita previa.