top of page
CÓDIGO DEONTOLÓXICO DA PROFESIÓN QUÍMICA

A conducta de todo profesional debe estar inspirada nunhas regras éticas que constitúan a deontoloxía da súa profesión. En gran medida, tales regras son comúns a todas as profesións, xa que se basean en criterios de honor, dignidade, solidariedade e bo exercicio profesional.


Pero no cabe dúbida que, entre unhas profesións e outras, existen trazos diferenciais que exixen a adecuación, a cada actividade concreta, dos principios xerais básicos de tales regras éticas, como son non causar danos ou de absterse de conductas lesivas para os intereses xerais ou particulares.


Por esta razón faise necesario establecer códigos deontolóxicos que conteñan, xunto ás normas éticas de carácter xeral, outras específicas da profesión de que se trate. Para difundir tales códigos entre os que exercen una mesma profesión, aquelas acostuman a incorporarse nos Estatutos dos respectivos Colexios Profesionais, cumpríndose así unha das exixencias da legalidade vixente.


No caso da profesión química, implicada na maioría dos problemas concernentes ás áreas vitais para o ser humano e o seu entorno, as responsabilidades éticas acúsanse cada día mais, polo que faise imprescindible definir os deberes que incumben a quen, nas diferentes especialidades, exercen a profesión química.

Membros da comisión Deontolóxica

Prof. Dr. José María Fernández Solís

Prof. Dra. Pastora Bello Bugallo

D. Luis Ulloa Fernández Sanmamed

bottom of page