Coa denominación de “ASOCIACIÓN DE QUÍMICOS DE GALICIA”, constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demais lexislación aplicable.
​
Fins
Son fins principais da Asociación:
-
Contribuír ao coñecemento e divulgación da Ciencia Química en todos os seus aspectos, despois de que supón unha ciencia fundamental para o desenvolvemento e benestar da Sociedade galega.
-
Fomentar a relación e cooperación entre os seus membros así como o avance e difusión da Química, coordinando os seus esforzos nos campos do ensino, a investigación e das da súa aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Colaborar coas Institucións dedicadas á docencia, e investigación galegas, nacionais e estranxeiras; ofrecendo e dirixindo cursos, seminarios, conferencias, e promovendo reunión e concertando convenios.
Descargar os Estatutos Asociación de Químicos de Galicia​