
Breve historia das nosas organizacións
7 de xullo de 1944
​
-
Decreto polo que se determinan as atribucións e campos de actuación dos Doutores e Licenciados nas súas distintas especialidades.
​
9 de marzo de 1951
​
-
Créanse os Colexios de Doutores e Licenciados en Ciencias Químicas e Físico-Químicas como Corporacións Oficiais de carácter profesional, e coa consideración de persoas xurídicas con plena capacidade para o desenvolvemento dos seus fins. Establécese (artigo 3) que a colexiación é obrigatoria para exercer a profesión, excepto no caso da docencia.
​
20 de abril de 1952
​
-
Constitución no local da Escola de Arte e Oficios de Vigo, baixo a presidencia do Delegado do Consello Superior de Colexios Químicos D, Antonio Rodríguez de las Heras, do Colexio Oficial de Químicos de Vigo (con posterioridade de Galicia. Acta de Constitución .
​
15 de decembro de 1953
​
-
Orde ministerial (B.O.E. de 26/12/1953) pola que se concede aos Doutores e Licenciados en Ciencias Químicas e Físico Químicas o dereito de posuír un laboratorio adxunto ao seu despacho, sen pago de cota extra algunha.
-
​
2 de setembro de 1955
​
Publícase o Decreto de Profesionalidade, no que se establecen:
-
Artigo 1º .- “Os Licenciados en Ciencias, Sección de Químicas, están facultados para exercer actividades profesionais de carácter científico e técnico dentro do marco da súa especialidade. Estas actividades profesionais comprenden a actuación en funcións directivas, executivas, de asesoramento a entidades que requiran asistencia e colaboración de carácter científico na especialidade de Química”
-
Artigo 2º .- “Os ditames, estudos, análises, ensaios, taxacións, e outros documentos que vaian asinados por un Químico colexiado, sempre que se refiran a industrias, procedementos ou actividades de carácter químico e as aplicacións técnicas correspondentes, serán admitidos a todos os fins polas Administracións do Estado e corporacións Públicas ou de calquera organismo oficial ou privado”.
-
Artigo 4º .-“ O título de Licenciado en Ciencias Químicas faculta ao seu posuidor para ocupar prazas de funcionario técnico das Administracións Estatais, provinciais ou municipais, e as súas misións serán equivalentes en categoría e responsabilidade ás sinaladas no artigo 1º”.
​
10 de agosto de 1963
​
-
Decreto mediante o que se recoñece aos Licenciados en Ciencias Químicas o dereito para asinar proxectos de instalacións e actividades industriais de carácter químico, que no anterior Decreto reservábase aos Doutores en Química Industrial.
​
Febreiro de 1979
​
-
Aparece o número cero de “GALICIA QUÍMICA”, órgano de información do Colexio Oficial de Químicos de Vigo e da ANQUE de Galicia
-
Cambio de denominación do Colexio Oficial de Químicos de Vigo, polo de Colexio Oficial de Químicos de Galicia.
​
Abril de 2002
​
-
Celebración do Cincuentenario do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.
​
Novembro do 2002
​
-
Créanse e regulan as especialidades sanitarias para químicos, biólogos e bioquímicos
​
Xuño de 2018
​
-
Despois de máis de 50 anos en Vigo, trasládase a sede do Colexio Oficial de Químicos de Galicia a Santiago de Compostela. (Edificio Area Central-Local 31E)