top of page

Olimpíada Galega de Química de Bacharelato

No ano 1980 a Xunta Directiva da Agrupación ANQUE galega puxo en marcha un proxecto que dende había tempo se viña perfilando: a celebración da I Olimpíada Galega de Química

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia- ANQUE se senten especialmente orgullosos de ter sido os fundadores das Olimpíadas de Química en España.

Os obxectivos da mesma eran, entre outros:

  • Espertar e estimular entre os estudantes o seu interese pola Química.

  • Motivar vocacións químicas.

  • Proporcionar aos profesores oportunidades para intercambiar ideas e experiencias con compañeiros doutros centros.

  • Servir de información acerca do nivel alcanzado pola materia de Química en todos os centros en que se imparta.

  • Contribuír á proxección da imaxe da Química na nosa sociedade. ​

Desde o principio a idea contou coa colaboración máis entusiasta tanto por parte do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, a Agrupación ANQUE-Galicia, como da Facultade de Química da Universidade de Santiago, que ofreceu os seus locais para a realización das probas. ​

Os exercicios  realizáronse no mes de Xuño de 1980. Presentáronse 46 alumnos, estudantes da materia de Química de COU. As medallas e premios aos tres gañadores entregáronse na Festa do Licenciado na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.

O Tribunal que xulgou as probas foi o seguinte: ​

Presidente:  Gonzalo Vázquez Uña (Decano da Facultade de Quimica da USC)

Vogais:          Constantino Peón Amor (Decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia)

             Generoso Álvarez Seoane (Presidente da Agrupación ANQUE-Galicia)

             Manuel Pazo Carracedo (Catedrático de Física e Química de INB)

             Sergio Penas García (Catedrático de Física e Química de INB)

Secretario:  Enrique Macías Ruiz (Catedrático e Vicesecretario da Agrupación ANQUE-Galicia).

bottom of page