top of page

OLIMPÍADA NACIONAL DE QUÍMICA

XXXV Olimpiada Nacional de Química

cartel_oeq_2022_v2-400x566_edited.jpg

A Olimpíada Química é un programa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coa Asociación Nacional de Químicos de España e a Real Sociedade Española de Química, iniciado en 1995, que se propón estimular a creatividade e o interese dos estudantes do último ano de secundaria. Nel participan todos os centros de secundaria, públicos e privados, que o desexen, a través dos seus alumnos máis interesados pola química, todas as universidades a través de Coordinadores de probas de acceso á universidade, e as dúas asociacións que representan a máis de 15.000 químicos en exercicio.

 

As Olimpíadas de Química teñen como obxectivos estimular aos estudantes a procurar a excelencia nas súas áreas e promover a amizade entre estudantes, profesores e científicos de distintas partes do mundo.

O programa non está dirixido exclusivamente a quen vai a estudar química, senón que é unha oferta para todos, premiando aos mellores estudantes e confiando neles para representar ao noso país nos encontros internacionais de química.

bottom of page