top of page

PREGUNTAS FRECUENTES


Que grao vou sacar?

​ Certificado de superación do curso no que se acrediten as horas de formación 

 

Hai algún custo adicional?

Non, o prezo total é o marcado no curso e non hai ningunha taxa adicional polo envío do diploma ou cota mensual.

 

​Sendo un curso en liña, que metodoloxía se utiliza?

A formación é telemática (en liña). Unha vez que te matricules nalgún dos nosos cursos, terás acceso á nosa plataforma de formación

Dentro do curso atoparás todo o temario descargable, os exercicios de avaliación e os casos prácticos.

 

Horario e datas de inicio

Non hai horarios: podes facer o curso á hora do día que prefires.

Non hai data de inicio: unha vez que teñas acceso ao noso Campus Virtual, poderás comezar a estudar.

 

Como me matriculo?

Debes enviar un correo electrónico a secretaria@colquiga.org cos seguintes datos:

(Ver política de privacidade)

Nome do curso solicitado:

Nome completo:

DNI:

Correo electrónico:

Teléfono de contacto:

Colexio ao que pertence*:

Número de colexiado:

Cidade de residencia:

Data na que queres comezar o curso**:

 

*Se es colexiado/a dun Colexio pertencente á Unión Profesional de Galicia (necesitaríamos que presentes o carné de colexio ou unha carta do colexio ao que pertences)

**Esta información é importante porque o curso estará dispoñible a partir dese día. 

Procederará a contratalo pagando con transferencia á conta que se enviará na resposta ao correo electrónico de solicitude.

Unha vez confirmado o pago, procederá a rexistrarse como alumno noso e recibirá un correo electrónico cos datos de acceso á plataforma de formación. 

 

​Non se permiten reembolsos unha vez rexistrado na plataforma.

bottom of page