
Alternativamente entre Portugal e Galicia celébrase anualmente un Congreso Internacional denominado ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE QUÍMICA. Estes son organizados, en Portugal, pola Sociedade Portuguesa de Química (SPQ) e, en Galicia, polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia e a Asociación de Químicos de Galicia.
Este ano 2024 celebramos a edición XXVIII destes ENCONTROS
O ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE QUÍMICA é un Congreso Internacional de referencia para investigadores e estudantes que traballan nos diferentes campos da Química básica e aplicada.
O ENCONTRO GALEGO PORTUGUÉS DE QUÍMICA é un Congreso Internacional ideal para a presentación dos traballos de investigación básica e aplicada en formato de comunicacións orais curtas e tamén en formato póster.
O Encontro Galego-Portugués de Química ten como obxectivo promover o intercambio científico e tecnolóxico entre investigadores da universidade e da industria en diversos campos da química e da enxeñería química.