ENCONTRO GALEGO PORTUGUÉS DE QUÍMICA
No ano 1985 o Colexio Oficial de Químicos Galicia , a Asociación de Químicos de Galicia e a sección Norte da Sociedade Portuguesa de Química chegaron ao acordo de celebrar un congreso que puxese en contacto a mozos investigadores de Galicia e de Portugal co obxecto de intercambiar experiencias, coñecementos e establecer lazos de cooperación ao redor da química en todas as súas especialidades. Así naceu o ENCONTRO GALEGO PORTUGUÉS DE QUÍMICA
A pesar da súa maioría de idade, estes ENCONTROS, agora internacionais, non só seguen congregando a mozos profesionais da química (investigación, industria, ensino, …) de Galicia e Portugal, senón que é o punto de encontro de mozos químicos dos cinco continentes que ano a ano elíxeno lugar de encontro para intercambiar experiencias e coñecementos ao redor da ciencia química.