top of page

CONGRESO DIDÁCTICA DA QUÍMICA

​

O ensino da química é unha actividade decisiva para o fomento das vocacións químicas. Esta foi a razón pola que a Asociación de Químicos de Galicia, co apoio do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, organizou a Xornada de Didáctica da Química nos anos 1990-2000.

 

Estas xornadas tiñan como finalidade:

​

  • Ofrecer aos profesores de química un foro onde intercambiar ideas e experiencias con compañeiros doutros centros educativos.

  • Ser capaz de establecer as pautas para xerar e estimular, entre os estudantes, o seu interese pola química.

  • Promover a vocación química entre os estudantes de secundaria e fortalecer a vocación entre os universitarios.

  • Contribuír á proxección da imaxe da química na nosa sociedade.

​

Recollendo estes obxectivos e buscando a adaptación da formación química ás novas tecnoloxías, en 2019 a Asociación de Químicos de Galicia e, de novo, co Colexio Oficial de Químicos de Galicia, transformaron a conferencia en congresos e levaron a cabo o I CONGRESO DE DIDÁCTICA DA QUÍMICA , xerando un formato máis participativo e actualizándose ás novas tecnoloxías de impartición da formación da química en todos os niveis educativos.

​

Os congresos de Didáctica da Química son o foro ideal para encontrarse todo o profesorado que imparte química, en calquera das súas especialidades e niveis educativos, para intercambiar experiencias, para establecer formas de comunicar e educar e promover o amor pola Química.

bottom of page